Aínda non recibín información sobre o ERTE, que está pasando?
Os expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE’s) derivados do COVID supoñen unha situación momentánea de desemprego na que o traballador cobrará unha prestación asociada, aínda no caso de que non teña acumulado un mínimo de cotización. Se a nosa empresa ten só centros de traballo na nosa Comunidade Autónoma presentará un expediente ante a Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia (podes velo graficamente nos enlaces que colocamos ao final). Unha vez feito isto, debe presentalo tamén ao SEPE, no prazo de 5 días hábiles. Unha vez feito isto, a Consellería examinará se cumpre ou non os requisitos establecidos. Se é así, concederá o ERTE. En caso de non contestar, a solicitude tense por aceptada por silencio administrativo positivo.
Unha vez a Consellería da o «ok», dende a mesma Consellería se comunica á empresa e ao SEPE. E SEPE e Consellería se coordinarán para o recoñecemento das prestacións aos traballadores.
Pinchar na imaxe para ver a maior tamaño
Dito iso, cales poden ser os motivos polos que non apareces na web do SEPE aínda?
Pode ser porque a túa empresa teña centros só en Galicia. O SEPE só recolle na súa web información dos ERTE nos que ten competencia (podes ver información ao respecto nun dos links adicionais do final).
Pode ser que existan retrasos na suba da información. En conversa telefónica hai menos dunha semana co propio SEPE, confirmávannos grandes atrasos (de máis dun mes) na tramitación dos ERTE.
Tamén parece ser que o retraso nos ERTE’s en Galicia poden ter que ver co desfase e o retraso da consellería de Traballo en cumprir cos chanzos de trámite correspondentes co SEPE
Pode que a solicitude da túa empresa estea aínda a estudo na Consellería.
Que che podemos aconsellar?
O primeiro é cerciorarte de que a túa empresa iniciou o camiño. Ponte en contacto con eles ou con algún dos sindicatos que teñan presencia na túa empresa para confirmar que teñen solicitado correctamente o ERTE, e cal é o estado de tramitación do mesmo (a empresa debía terche notificado o inicio dos trámites).
Se o teu ERTE foi xa aprobado mais o problema é que a prestación tarda en ser ingresada, debes coñecer que Galicia ofrece adiantos ás achegas do SEPE. Un anticipo de 1.500€ cun tope máximo de 750 ao mes; nas condicións que podes ver neste enderezo: https://ceei.xunta.gal/coronavirus/emprego
Utilizamos Cookies propias y de terceros para facilitarle la navegación y mostrarle información relacionada con sus preferencias. Consulte nuestra Política de cookies Si rechaza las cookies podría afectarse la funcionalidad o el uso de esta web
Pulsa el botón Aceptar para confirmar que has leído y aceptado la información presentada. Después de aceptar, no volveremos a mostrarte este mensaje.AceptarRechazarConfigurar cookies